
Un Pacto Local para un Turismo Sostible en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, como cidade patrimonial da Unesco e punto final de camiños, é un destino internacional de primeira magnitude. O turismo é por tanto unha importante fonte de riqueza, crecemento económico e creación de emprego para a cidade, mais tamén un fenómeno que atravesa a vida cotiá da veciñanza e condiciona a propia forma urbana da capital de Galicia. Ambas as dúas dimensións, en toda a súa complexidade, precisan conciliarse.
O Concello e a Universidade de Santiago estamos a traballar conxuntamente na construción dun Pacto Local por un Turismo Sostible. Trátase de dotar a nosa cidade dun modelo de gobernanza turística de nova xeración que nos axude, contando cos distintos actores implicados e con toda a diversidade e pluralidade de perspectivas, a conciliar as potencialidades deste sector coas necesidades, as preferencias e o confort da cidadanía.
Este proxecto, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística que o consistorio está a desenvolver en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria e Turismo, articúlase a través dun convenio entre o Concello e a Universidade que traballa tamén na renovación do modelo turístico e de desenvolvemento sostible da cidade, o estudo das dinámicas do turismo e os seus efectos e a análise de ferramentas de xestión no ámbito local. Santiago debe situarse como un destino de turismo consciente e responsable e promover unha visita máis tranquila, completa e respectuosa, e polo tanto máis satisfactoria para turistas, persoas que completan a súa experiencia de peregrinación e a propia veciñanza.
Novas
-
Turismo sustentable e boas prácticas centran o debate nunha xornada científica en Santiago de Compostela
O encontro reuniu especialistas e representantes institucionais de entidades territoriais como Barcelona, a Comunitat Valenciana, as Illas Baleares, Granada ou Pontevedra para presentar diferentes modelos de gobernanza turística O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o venres 13 de xuño unha xornada científica dedicada á análise de boas prácticas en turismo sustentable, coa…
-
Unha nova xornada científica achega o 13 de xuño a Santiago boas prácticas en materia de turismo sustentable
O encontro reunirá media ducia de voces da academia e a xestión pública ao longo de toda a mañá do venres no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e o Grupo de Investigación ANTE – Análise Territorial da Universidade de Santiago (USC) organizan,…
-
Que opinas sobre o turismo en Santiago?
Lanzamos unha enquisa en liña para coñecer a visión da cidadanía sobre o impacto das actividades turísticas na capital de Galicia e como mellorar a súa gobernanza. A participación cidadá é esencial para unha boa gobernanza do turismo. Esa é, de feito, unha das razóns de ser do Pacto Local por un Turismo Sostible no…
Enquisas
Actualmente non hai ningunha enquisa dispoñible.