13 XUÑ – Xornada científica: Boas prácticas para un turismo sustentable en Santiago de Compostela

O vindeiro venres 13 de xuño, o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, situado na Facultade de Xeografía e Historia, acollerá a xornada científica “Boas prácticas para un turismo sustentable en Santiago de Compostela”.

A actividade está organizada polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Santiago, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Santiago de Compostela.

A entrada é libre ata completar capacidade.