Axenda
-
14 XAN – Xornada científica: Os desafíos do turismo sostible
As Xornadas Científicas sobre Os desafíos do turismo sostible celebraranse este martes 14 de xaneiro na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A xornada terá lugar no Paraninfo da Universidade dende ás 9 até ás 15h. A entrada é libre até completar o aforo.
-
12 NOV – I Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible
O I Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible celebrarase o vindeiro 12 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar na Aula 3 ás 18h, cunha duración aproximada de 2 horas. A participación neste evento está restrinxida ás entidades convidadas.
-
13 NOV – II Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible
O II Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible celebrarase o vindeiro mércores 13 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar na Aula 21 ás 17h, cunha duración aproximada de 2 horas. A participación neste evento está restrinxida ás entidades convidadas.
-
14 NOV – III Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible
O III Foro Participativo: cara ao Pacto Local polo Turismo Sostible celebrarase o vindeiro xoves 14 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar na Aula 19 ás 17h, cunha duración aproximada de 2 horas. A participación neste evento está restrinxida ás entidades convidadas.