Novas
-
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC organiza, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, unha nova xornada científica
Adolf Fernández, do Ajuntament de Barcelona, presentará os protocolos que se puxeron en marcha na capital catalá en relación ás Vivendas de Uso Turístico (VUT), tanto no que respecta á planificación como á xestión e a inspección, incidindo nos resultados e as limitacións. Pola súa banda, Consuelo Navalón, da Universitat d’Alacant, introducirá as persoas asistentes…
-
Que opinas sobre o turismo en Santiago?
Lanzamos unha enquisa en liña para coñecer a visión da cidadanía sobre o impacto das actividades turísticas na capital de Galicia e como mellorar a súa gobernanza. A participación cidadá é esencial para unha boa gobernanza do turismo. Esa é, de feito, unha das razóns de ser do Pacto Local por un Turismo Sostible no…
-
Catro grandes conclusións marcan o balance dos foros participativos
Canda unha visión maioritariamente positiva do turismo con marcadas diferenzas entre actores, amósase un amplo apoio á implantación da taxa turística, certa insatisfacción coa participación cidadá e un reto: é preciso aliviar a presión nas zonas máis conxestionadas, singularmente a cidade histórica. A profesora María Xosé Piñeira e a concelleira Míriam Louzao presentaron o pasado…
-
Doce olladas expertas para abordar os desafíos do turismo sostible en Santiago
O paraninfo da Universidade acolleu o 14 de xaneiro unha xornada pública na que unha ducia de persoas procedentes do ecosistema científico ibérico achegaron a súa perspectiva en torno aos retos en materia de vivenda, gobernanza, mobilidade e economía local. A Facultade de Xeografía e Historia, na que se localiza o paraninfo da Universidade de…
-
O Concello e a USC reuniron diferentes axentes da cidade para debater un Pacto Local polo Turismo Sostible
Os pasados días 12, 13 e 14 de novembro tiveron lugar na Facultade de Ciencias da Educación tres foros participativos para intercambiar puntos de vista sobre o Pacto Local por un Turismo Sostible na cidade e dotar a capital galega dunha nova ferramenta de gobernanza turística. Estes foros están impulsados polo Concello de Santiago e…
-
Rumbo ao Pacto Local polo Turismo Sostible: abrimos os espazos participativos
Máis de oitenta entidades están chamadas a participar en tres foros que reunirán administracións, asociacións empresariais, actores do ecosistema turístico, colectivos profesionais, partidos políticos, sindicatos, institucións, fundacións, asociacións culturais e veciñais e outras entidades do terceiro sector O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago estamos a traballar conxuntamente na construción dun Pacto Local…
-
Un instrumento necesario para ordenar a turistificación e avanzar na gobernanza participativa
O equipo da Universidade de Santiago dirixido polo catedrático Rubén C. Lois, no que participa o tamén catedrático de Dereito Financeiro e Tributario César García Novoa, propón a implantación dun imposto sobre as estadías turísticas na cidade A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, xunto á concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentaron o pasado…